Seguimos as nosas sesións de probas ou de I+D+I (que queda máis cool!).
Esta fin de semana estivemos cos peóns e pirindolas (¡¿Que non sabédelas diferencias?! máis para diante explicámovolas!)


Probamos novas madeiras: salgueiro. Ademáis de buscar novos acabados para estes xoguetes de xiro: coa punta de madeira  reforzada cun cravo, usando así ao mínimo cravos puntuagudos, de cara a facilitar o posible marcado CE.


Próximamente pasaremos ás probas cos lacados e acabados! Que de seguro que tamén traerán cola por mór dos axentes nocivos... a investigar!
 
 
Imagen
... aínda que poderíamos poñer como fan en moitas páxinas/proxectos  cando aínda non están rematados:  "En construcción". Pero é que o noso é un longo proceso, igual que o dunha semente ata que se fai planta. 

Imos pouquiño a pouco, sabendo o que queremos: enrraizar na terra. Non hai forma mellor de facelo, que recuperando espacios de traballo esquecidos que vos iremos presentando.


 

    Garlopín 

    Pequeno proxecto que medrará aos poucos, ata chegar a enrraizar na terra, consolidando parte de nós e da nosa cultura.

    Archives

    Noviembre 2012

    Categories

    All