Seguimos as nosas sesións de probas ou de I+D+I (que queda máis cool!).
Esta fin de semana estivemos cos peóns e pirindolas (¡¿Que non sabédelas diferencias?! máis para diante explicámovolas!)
Probamos novas madeiras: salgueiro. Ademáis de buscar novos acabados para estes xoguetes de xiro: coa punta de madeira reforzada cun cravo, usando así ao mínimo cravos puntuagudos, de cara a facilitar o posible marcado CE.
Próximamente pasaremos ás probas cos lacados e acabados! Que de seguro que tamén traerán cola por mór dos axentes nocivos... a investigar!