"Cando Rilke afirmaba que a verdadeira patria do home é a infancia, non se enganaba absolutamente en nada. É esta unha etapa de formación e preparación para o futuro. Tal como sexa a nosa infancia,así seremos na vida e teremos unha escala de valores definidos e marcados, unha maneira de enfrontarnos á vida e sabermos lela. Se a nosa patria é a nosa infancia, algo terá que ver nisto o xoguete, porque o xogar é intrínseco ao neno, á nena."